
Plan Ferrol chámase comunmente ao que oficialmente se chama Proxecto de Desenvolvemento Integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. O proxecto naceu como fondo de compensación polo castigo económico que sufriu a comarca coa última reconversión naval no 2004. Este proxecto, avalado polas diferentes Consellerías da Xunta de Galicia, estimou nun principio unha inversión global na comarca de 3.000 millóns de euros ata o ano 2011 (recentemente ampliouse o plan ata o 2013) e a creación de 4.400 postos de traballo, que non se concretaron pola crise económica mundial.
As prioridades do Plan Ferrol, antes e agora, son a diversificación dos sectores productivos. O sector naval sempre foi o sustento da comarca e se pretende seguir loitando por mantelo e, aparte, crear outro tipo de sectores que podan medrar á marxe dos asteleiros e axuden a desenvolver económicamente a comarca, como o turismo, enerxías renovables, loxística, a través do porto exterior…), completar as infraestructuras, impulsar a tecnificación e a formación do capital humano e, sobre todo, crear emprego, unha tarefa difícil, pero non imposible, no marco económico actual.
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), dependendo da Consellería de Economía e Facenda abriu una oficina xestora no Edificio de Usos Múltiples da Xunta de Galicia en Ferrol (Plaza de España) e ao fronte está Alejandro Langtry actualmente. Nesta oficina xestora tamén participan as distintas Consellerías de Innovación e Industria, Medio Ambiente, Medio Rural, do Mar e Presidencia e son os encargados de coordinar e xestionar o programa establecido para acadar os obxectivos do plan.
A AIPF, que engloba a organizacións de empresarios, sindicatos e Cámara de comercio, funciona como comité asesor no desenvolvemento do plan. A AIPF NON xestiona os fondos do Plan Ferrol, senón que se encarga de velar porque se cumpran os obxectivos pactados nos prazos convenidos. Trátase dunha organización sen ánimo de lucro, así, se están a realizar, dende o comezo, un calendario de accións coas autoridades competentes das diferentes consellerías da Xunta para axilizar os compromisos adquiridos coa comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal e o aproveitamento eficaz dos recursos e fondos.
A máis prioritaria é lograr que se creen os postos de traballo previstos, vitais para o impulso económico da comarca. Para isto a AIPF reúnese frecuentemente coa Consellería de Traballo. A presidencia da AIPF é rotatoria, dende decembro de 2009 ata Xuño de 2010, o responsable de turno é Xulio Abelleira.
En principio, as axudas á reindustralización do Ministerio de Industria son aparte do Plan Ferrol, e responden a unha iniciativa do ministerio especial para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Estas axudas non se dan en ninguna outra parte de Galicia.
O programa de reindustralización está pensado para favorecer a aquelas zonas desfavorecidas, fomentando a inversión tanto en infraestructuras industriais como en iniciativas industriais de carácter productivo. A Asociación Impulsora do Plan Ferrol (AIPF) foi un organismo esencial para acadar que a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal fora prioridade máxima á hora de conceder ás empresas da zona estos fondos do ministerio.
Sí, definitivamente. Aínda que a continuación do plan e o seu éxito dependerá da correcta coordinación, unidade e simbiose entre empresarios, sindicatos e Cámara de comercio, xunto co compromiso das forzas políticas da comarca. As accións conxuntas de cara ás negociacións coa Xunta de Galicia sempre serán máis efectivas dende a unanimidade de todos os axentes económicos da comarca. Ademáis é necesaria unha a comunicación entre todos os concellos que contempla o plan.
A Unidade de Promoción y Desarrollo (UPD) da Asociación Impulsora del Plan Ferrol serve de apoio técnico e de asesoramento á AIPF. É un grupo/gabinete de persoal técnico multidisciplinar que está financiada directamente pola Consellería de Traballo. A súa labor consiste en facer una análise ou diagnose das necesidades económicas da comarca e aportar posibles solucións a levar a cabo polos axentes económicos e asesorar en materia empresarial e de emprego aos cidadáns da zona. A UPD de Ferrolterra, Eume e Ortegal, xunto con outras UPD, forma parte á súa vez dun proxecto europeo para o desenvolvemento e aproveitamento eficaz dos recursos rexionais.
PLANFERROL.COM = Avanzar cara o futuro