Obxectivos da AIPF

Os obxectivos principais da Asociación Impulsora do Plan Ferrol (AIPF) e, a súa vez, os da UPD son:

  • Recopilación e estudio de traballos de ámbito comarcal referidos aos recursos locais e as súas potencialidades de desevolvemento e evolución do emprego por comarcas e sectores. Así: ( )
  • Información sobre emprego e desenvolvemento, a través da organización, sistematización e divulgación aos técnicos e axentes de emprego, ás escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego e ás entidades interesadas no desenvolvemento local e na creación de emprego. Así: ()
  • Apoiar, dinamizar e avaliar proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.
  • Desenvolver estratexias e metodoloxía de apoio dirixidas á inserción laboral por conta allea, a creación de iniciativas empresariais e o autoemprego de persoas desempregadas, especialmente dos participantes nas escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego e noutros programas de cooperación.
  • Coordinar as actuacións do personal técnico local de emprego que desenvolva o seu cometido no seu ámbito de actuación cando a entidade á que se subvenciona a súa contratación estea integrada na entidade promotora da UPD. As funcións axustaránse aos plans concretos de actuación no ámbito territorial de cada UPD.
  • Colaborar na implantación das políticas activas de emprego, no marco da actuación conxunta entre a entidade promotora e a Consellería de Traballo dacordo as directrices desta última: programas de formación ocupacional, programas de escolas obradoiro e obradoiros de emprego, formación continua...

Plan Ferrol - Xunta

PLANFERROL.COM = Avanzar cara o futuro